Os Xogos Inclusivos de Sportur Galicia ofrecen unha vintena de opcións para gozar do deporte

>> Expourense acolle dende hoxe e ata o sábado os Xogos Deportivos nos que participan unha vintena de federacións e clubes que organizan exhibicións, competicións e adestramentos abertos tanto a deportistas como a afeccionados

Deporte para todos. Esto é o que ofrecen os Xogos Deportivos de Sportur Galicia que comenzaron esta mañá en Expourense e que continuarán ata o sábado 30 de maio ás 20.00 h. convertindo ao recinto feiral nunha cancha polideportiva na que conviven deportistas de todas as idades con e sen diversidade funcional. Esta edición ten o obxectivo de promover o deporte como canle de superación, integración e transmisión de valores. Participan como expositores unha vintena de federacións e clubes que teñen organizado un completo programa de exhibicións, clases abertas e competicións.

Trátase dun evento destinado a todos os públicos (deportistas, afeccionados ou principiantes de todas as idades, ademais das familias). O obxectivo é convertirse nun escaparate para as federacións deportivas de toda a comunidade que están aproveitando a súa presenza en Sportur para promocionarse organizando distintas actividades. Este sábado ademais, desputaranse ademais varias “Copa Deputación” como a de Balonmán ou Voleibol.

A mañá desta primeira xornada estivo centrada no Programa Xogade Multideporte e tamén de Hockey (mañá será a quenda do balonmán) promovido dende a Secretaría Xeral para o Deporte e que convocou a centos de escolares de Primaria e Secundaria de varios centros educativos da provincia. Estes escolares compartiron esta mañá tempo e deporte cos adultos que participaron nas clases de taichi, co grupo de cachibol do Club Voleibol Ourense (todos xubilados) e con usuarios con diversidade funcional de distintos centros e asociacións. O deporte escolar de pola mañá dará paso pola tarde ao deporte extraescolar xa que os clubes e fedeacións participantes trasladarán os seus adestramentos ao recinto de Expourense.

Os que visitaron Sportur Galicia esta mañá pudieron practicar tai-chi, remo indoor, Hocley, futbol sala, ciclismo, bádminton, tenis Pickleball, voleibol e cachibol, ademais de realizar o circuíto de orientación. Esta cita é unha boa oportunidade de promoción para os distintos clubes deportivos que poden ademais captar novos deportistas, xa que os

visitantes poden poden probar e afeccionarse a deportes que antes non tiveran ocasión de practicar.

Os deportes representados nesta cita son: Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima; Fútbol sala; Hockey; Orientación; Patinaxe roller cross; Remo Indoor; Tai-chi; Tenis Pickleball; Voleibol e Cachibol; Wushu e Xadrez.

Sportur Galicia está organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfiís en Facebook e Instagram. O horario de feira será o mesmo durante os tres días: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.