>> O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, clausurou a terceira edición dun congreso que foi seguido por máis de 500 asistentes de España, Portugal, Venezuela, Argentina. Brasil e República Checa
>> O V Salón do Deporte e Turismo Activo reuniu a medio cento de expositores que ofreceron máis de 70 actividades nas que participaron unha vintena de centros escolares
Expourense pechou esta tarde as portas da quinta edición de Sportur Galicia e da terceira do Congreso Internacional de Turismo Deportivo logo de visibilizar durante dous días o papel que xoga o deporte como motivación turística e promocionando a Galicia como un destino ideal para a práctica do turismo activo e de actividades vencelladas coa natureza. En total, ambas as dúas citas reuniron 4.600 visitas, 500 das cales son os asistentes ao congreso que tamén aproveitaron para visitar e participar nas actividades de Sportur.
Sportur Galicia puxo en valor unha vez máis as distintas opcións deportivas que poden formar parte dun estilo de vida saudable ao mesmo tempo que os destinos e escenarios ideais para practicalas como a provincia de Ourense que se promocionou no seu conxunto grazas ao apoio da Deputación Provincial de Ourense. Dentro desta provincia, houbo tamén destinos nos que o turismo activo xoga un papel esencial que se promocionaron de xeito independente como foi o caso do Pereiro de Aguiar, da Arnoia, ou da única Estación de Montaña de Galicia en Manzaneda. Tamén estiveron presentes o Concello de Viveiro, o da Pontenova e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e as cámaras municipais de Vizela, Melgaço e Ponte de Lima.
Sportur Galicia foi o escenario elixido por unha vintena de federacións deportivas para convocar en Expourense aos seus deportistas e organizar adestramentos, competicións ou exhibicións de deportes como o atletismo, a xinmasia rítimica, o karate ou o wu-shu. Durante este segundo día de Sportur celebrouse unha nova xornada do “Xogando ao Atletismo” promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte coa colaboración de Expourense e do profesorado e alumnado do Ciclo Superior de Acondicionamento Físico do CIFP A Farixa. Participaron nesta xornada máis de 200 escolares de Secundaria de centros educativos da cidade de Ourense que aproveitaron ademais para sumarse á celebración do Día contra a Eliminación da Violencia contra a Muller. Esta segunda xornada rematou coa celebración dun torneo de xadrez cunha vintena de participantes.
O broche final de Sportur Galicia será xa mañá sábado coa celebración do III Trail Noturno Ourense que comezará ás 20.00 h. Está organizado pola empresa ourensá especializada en material deportivo Run Maniak e participarán nela 120 persoas coa novidade de que o farán por parellas. O “pistoletazo de saída” desta proba correrá a cargo do seis veces camipón da Carreira Popular de San Martiño, Alejandro Fernández, atleta que tamén estivo estes dous días en Sportur Galicia compartindo os seus segredos para facer unha boa carreira.
Os visitantes a Sportur Galicia tiveron a opción de practicar actividades como o balonmán, ciclismo, escalada, hockey, tenis, badminton, futbol, pitch and putt, atletismo, etc. Tamén pudieron coñecer os distintos clubes deportivos de Galicia e coñecer máiss detalles sobre a práctica de deportes como a ximnasia rítmica, o voleibol, kickboxing, baloncesto, fútbol, halterofilia, entre outros. Tamén pudieron realizar controis de azucre en sangue ou realizar un estudio antropométrico. Relacionado coa formación, pudieron cocñecer as distintas opcións vencelladas ao turismo e ao deporte que ofrece a Formación Profesional en Galicia e tamén a que ofrecen as Forzas Armadas españolas.
Polo que se refiere ao III Congreso Internacional de Turismo Deportivo, concluíu este medio día logo de ofrecer 12 horas de formación nas que 21 relatores ensinaron a valorar e coidar a nosa contorna natural e a “envexar” proxectos doutros territorios que tamén poderían ser aplicables en Galicia. Este congreso reuniu nestas dúas xornadas a máis de 500 inscritos que o seguiron dende Expourense ou de xeito virtual dende as aulas de distintos centros formativos, empresas ou domicilios particulares. A procedencia dos inscritos conectados virtualmente a este congreso son de España e Portugal na súa meirande parte ainda que tamén se conectaron profesionais de países como Venezuela, Arxentina, Brasil ou a República Checa.
De xeito presencial, nesta segunda xornada de congreso participaron alumnos de varios centros educativos de Ferrol, Poio, Ponteceso ou Melgaço. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e o director do Plan de Xestión do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, foron os encargados da clausura deste congreso.
Nesta segunda xornada do congreso tamén presentaron a súa experiencia dous recintos feirais nos que a Xunta de Galicia realizou importantes investimentos para xenerar actividade deportiva ademais da feiral. Estes recintos foron o IFEVI de Vigo que conta cun módulo de atletismo nun dos seus pavillóns e a propia Expourense que conta cunha das mellores pistas de atletismo cubertas de Europa. O director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, destacou que un dos retos é “potenciar a actividade deportiva nestas instalacións para sacarlles o máximo rendemento”. Para iso, lembrou que o recinto incoporou no ems de febreiro pasado a un director deportivo no seu cadro de persoal que ten o obxectivo de servir de ponte de conexión entre as distintas administracións e federacións implicadas na organización das pruebas de atletismo pero tamén ten a misión de optimizar estas instalacións máis alá da pista de atletismo. Rogelio Martínez lembrou que “cando a pista non está instalada, dispoñemos dun pavillón limpo de 8.000 metros cadrados con gradas retráctiles que pode converterse nunha excelente pista polideportiva para torneos, exhibicións ou adestramentos de multitude de disciplinas deportivas abertas a todos e pensadas tamén para a práctica do deporte escolar”. Durante a pasada primavera, Expourense acolleu xa varias competicións de deportes como o bádminton ou o hockey sala.
Entre os datos que saíron a relucir neste congreso están os datos de que o sector do deporte representa o 2,5% del PIB de Galicia, cunha facturación anual de ao redor de 1.600 millones e que xenera 12.000 puestos de traballo en 2.000 empresas. Outro dato salientable é o obxectivo do Clúster da Industria do Deporte e o Benestar de que en Galicia se acade a cifra de 2 millóns de habitantes practicantes habituais dalgún tipo de deporte.
Sportur Galicia e o Congreso de Turismo Deportivo estiveron organizados por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte e da Deputación Provincial de Ourense. Contou ademais co apoio de Aqualia e do Concello de Ourense a través do seu Consello Municipal de Deportes e de Turismo. Remata así unha nova edición de Sportur Galicia que supón a última cita do calendario feiral de Expourense para este 2022. É un salón de transición cara a actividade deportiva na pista de atletismo cuberta que xa comeza este mesmo domingo coa celebración da terceira xornada da XXXIX Copa Deputación de Atletismo. A actividade deportiva cubre prácticamente todas as fins de semana ata finais do mes de marzo de 2023.