20-11-2021 Sportur Galicia visibilizou o papel do deporte como motivación turística

  • >> Atletismo, xadrez e Trail Noturno foron os protagonistas da segunda xornada do salón

    >> As xornadas técnicas presentaron as claves para organizar eventos deportivos que repercutan económicamente nos lugares onde se celebran

Ourense, 20/11/2021.- A cuarta edición de Sportur Galicia pecha esta tarde as súas portas en Expourense logo de visibilizar durante dous días o papel que xoga o deporte como motivación turística e promocionando a Galicia como un destino ideal para a práctica do turismo activo e de actividades vencelladas coa natureza. En total, e a falta de contabilizar os datos de última hora desta tarde, calcúlase que Sportur Galicia 2021 chegou ás 3.500 visitas. Trátase dunha edición que serve de antesala para o gran Congreso Internacional de Turismo Deportivo que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia vai organizar en Expourense a comezos do mes de xuño de 2022.


Sportur Galicia puxo en valor unha vez máis as distintas opcións deportivas que poden formar parte dun estilo de vida saudable ao mesmo tempo que os destinos e escenarios ideais para practicalas como a provincia de Ourense que se promocionou no seu conxunto grazas ao apoio da Deputación Provincial de Ourense. Dentro desta provincia, houbo tamén destinos nos que o turismo activoxoga un papel esencial que se promocionaron de xeito independente como foi o caso de Ourense cidade, Pereiro de Aguiar, Arnoia, Castrelo de Miño, Trives ou a única Estación de Montaña de Galicia en Manzaneda, ademais do stand de Turismo de Galicia que representa a toda a comunidade. Estes destinos agardan posionarse e medrar en visitas a partir da chegada da Alta Velocidade. Tamén estivoeron presentes o Concello de Viveiro e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Estes destinos tiveron ademais a oportunidade de reunirse coas axencias de viaxe especializadas en turismo activo dentro do IV Workshop de Sportur Galicia.


Polo que se refiere ás actividades deportivas, Sportur Galicia foi o escenario elixido por varias federacións para convocar en Expourense aos seus deportistas e desputar torneos ou competicións. Nesta segunda xornada desputouse o Torneo de Xadrez Ourense que convocou a máis de 60 rapaces e rapazas (e ás súas familias) de toda a provincia. 


Durante a sesión e tarde celebrouse o I Encontro de Atletismo Máster en Pista Cuberta organizado pola Federación de Atletismo de Galicia e que convocou a 150 deportistas adultos de toda Galicia. Esta federación tamén organizo unas instalacións de Expourense os exames de xuíces de atletismo.


O broche final corre a cargo do II Trail Noturno Ourense que comezará ás 20.00 h. xusto cando remate esta edición do salón. Está organizado pola empresa ourensá especializada en material deportivo Run Maniak e participarán nela 124 persoas que recolleron o seu dorsal en Sportur Galicia. O “pistoletazo de saída” desta proba correrá a cargo do camipón da Carreira Popular de San Martiño, Alejandro Fernández. 


Os visitantes a Sportur Galicia tiveron a opción de practicar actividades como o ciclismo, o similador de tiro ou o remo indoor. Tamén pudieron coñecer os distintos clubes deportivos de Galicia e coñecer maís detalles sobre a práctica de deportes como o hockey, a espeleoloxía, a marcha nórdica, a escalada,o taekwondo, a ximnasia rítmica, o voleibol, kickboxing, baloncesto, fútbol, tenis, entre outros. Tamén pudieron probar aparatoloxía que mellora a circulación sanguínea, realizar controis de azucre en sangue. Relacionado coa formación, pudieron cocñecer as distintas opcións vencelladas ao turismo e ao deporte que ofrece a Formación Profesional en Galicia e tamén a que ofrecen as Forzas Armadas españolas.


Polo que se refiere ás xornadas técnicas profesionais, unha quincena de relatores explicaron as claves para organizar eventos deportivos e a súa repercusión económica na contorna onde se realizan. Estas xornadas acolleron tamén a dos eixos estratratéxicos do creado hai pouco Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar e que representa a máis de 2.000 empresas do sector que crean máis de 12.000 postos de traballo e xeran un 2.5% do PIB galego. Segundo os datos que este Clúster achega, en Galicia practican deporte con regulariedade 1.400.000 persoas, hai 5.303 clubes deportivos que contan con 286.000 federados. A industria do deporte xeraba en Galicia, antes da pandemia, un volumen de negocio que superaba os 1.600 millóns de euros. 


Sportur Galicia é o último salón calendario de feiras organizadas por Expourense para este 2021. A vindeira cita no recinto será xa esta mesma semana, entre o 26 e o 28 de novembro, coa celebración do XXXII Campionato de España de Atletismo Master en Pista Cuberta.









Imágenes asociadas